Inicio Libros Recomendados Libro: «Vento de sal»

Libro: «Vento de sal»

2 minuto leer
0
0
669

Atopamos en Vento de sal un libro que nos fala da memoria, do imprevisto trazado que nos reserva a vida facendo, por riba, un paralelismo polos tempos dos soños, onde ninguén pode esconder a súa disposición.

Vento de sal recorda, en parte, esa disposición metafórica a xunguir o visible coa profundidade da dor, dos recordos máis penetrantes que teiman en quedarse con un. O verso metido no medio do mar é o maior argumento cada vez que Xosé María teima en falarnos co seu silencio, a maior das virtudes e a mellor posta en escena dun gran poemario, no que para nada se renuncia á denuncia social, á vida diaria que só podemos renunciar cos ollos pechos.

Hai construción e declamación, influencias das mareas que deitaban os días nos seus oídos. Hai contrapuntos e beleza extrema. Gozade desta grande obra diante da vosa paciencia e liberdade.

Título: Vento de sal
Autor: Xosé María Álvarez Cáccamo
Xénero: Poesía
Idioma: Gallego

Lino García Salgado

 

Cargue Artículos Más Relacionados
  • Libro: «Cadeas»

    Título: Cadeas Autor: Xabier López López Categoría: Narrativa Editorial: Xerais Argumento:…
  • Libro: «Os Cadernos d´amor e os velenos»

    Título: Os cadernos d´amor e os velenos Autora: Enma Pedreira Categoría: Poesía Editorial:…
  • Libro: «Poder Absoluto»

    Os voy a recomendar esta vez un libro que no deja indiferente a nadie y que seguro que a l…
Cargue Más En Libros Recomendados

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Mira además

Libros: «Noite-Día»

Novedades Literarias,   Título: Noite~día Autor: Alfonso Láuzara Martínez Categoría: Poesí…