Inicio Libros Recomendados Libro: “Os Cadernos d´amor e os velenos”

Libro: “Os Cadernos d´amor e os velenos”

6 minuto leer
0
0
96

Título: Os cadernos d´amor e os velenos

Autora: Enma Pedreira

cuadernos

Categoría: Poesía

Editorial: Espiral Maior

 Argumento:

                 Este libro que hoxe vos quero recomendar ten varias vertentes a subliñar, que por distintos motivos lle confiren un peculiar valor.

Primeiro de nada, e antes de comezar polo miúdo, quero avisarvos que case todos os libros que estou recomendando se atopan nas bibliotecas municipais, co cal tedes un xeito fácil de acceder a eles e poder gustar das súas verbas e expresións, algo que cos tempos que corren é de agradecer. Por iso a importancia da lectura e polo tanto a importancia do acceso a ela e iso só se consegue dende unha óptica ou visión plural e pública, así que podemos congratularnos desta opción.

Xa entrando no libro compre dicirvos que Enma Pedreira non é a miña escritora favorita, en absoluto pero non pero iso deixo de indagar e probar a súa escrita. E velaí que en algún momento atopamos a conexión necesaria para gozar tal e como ocorre neste libro, por iso a primeira lección que quito de todo isto é que todo mundo merece varias oportunidades, sempre.

No tocante ao libro, estritamente falando, os cadernos d´amor e os velenos é un libro de poemas absolutamente denso, por veces esgotador, pero tan rico e profundo que merece a pena, sen dúbida, indagar no profundo del e tamén, porque non, na súa parte máis superficial. Atopámonos nunha secuencia ininterrompida de metáforas case imposibles pero comprensibles en todos os aspectos que nos deixan camiños abertos suficientes para interpretar ao noso gusto, algo que é realmente imprescindible nun bo libro, sexa cal sexa a súa temática. Aparecen situacións totalmente inimaxinables que lle confiren un salto cualitativo enorme e que nos pasea por lares e territorios do profundo onde poucas veces queremos chegar, moitas veces por esa teima a pecharnos para non ver o que nos resulta molesto ou fora do noso decorrer diario. Convídanos a revolucionar ese voluntarismo no que tantas veces nos vemos inmersos para sustentar as relacións que se amosan rutineiras, perdidas nas pozas que pisamos coa distracción do tempo.

As relacións humanas, a muller (outra vez, inmensa, fráxil, imprescindible) que marca ese territorio, por veces deshumanizado, outras intransixente con ela, outras tran transparente como o lume que a queima e ninguén ve.

Collede como mostra estes versos que vos deixo e que, por descontado, non son significativos do que este libro garda, senón uns máis ao libre albedrío. E, non deixedes de deleitarvos con esta obra tan metafórica como íntima.

“e ti chegarás tamén por embaixo do silencio

para ser viaxe arredor dos meus días

man por entre o verso como recollendo peixes pequenos ou

froitos que se esconden

e ignorabas esta razón tan inútil de perseguir o descanso

e o por que do sempre frío lugar dos meus acenos,

o pouco sono e as ganas de lamber todos os espazos

para saberlle a cada lugar

e a cada dor

o seu ántidoto.”

Recomendación e comentarios: Lino García Salgado, escritor e amigo.

Cargue Artículos Más Relacionados
  • Libro: “Cadeas”

    Título: Cadeas Autor: Xabier López López Categoría: Narrativa Editorial: Xerais Argumento:…
  • Libro: “Poder Absoluto”

    Os voy a recomendar esta vez un libro que no deja indiferente a nadie y que seguro que a l…
  • Libro: “Pon Labios en la Hierba”

    PON LABIOS EN LA HIERBA DAISY VILLALOBOS LEAL “Pon labios en la hierba” es una lucha inter…
Cargue Más En Libros Recomendados

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Mira además

Libros: “Noite-Día”

Novedades Literarias,   Título: Noite~día Autor: Alfonso Láuzara Martínez Categoría: Poesí…