Inicio Libros Recomendados Libro: “Cadeas”

Libro: “Cadeas”

8 minuto leer
0
0
127

Título: Cadeas

Autor: Xabier López Lópezcadeas

Categoría: Narrativa

Editorial: Xerais

Argumento:

Cadeas é considerado unha historia de historias, pero realmente existen as historias sobre historias?

Non son dado a recomendar libros premiados, xa que por veces ( demasiadas baixo o meu criterio ) as coordenadas establecidas entre o xurado e o/a lector/a non coinciden nas apreciacións e … podemos acabar en remotos lugares fora de contexto. Mais aquí podería facer unha das poucas excepcións, xa que cadeas é un libro “redondo” se me permitides a contradición. Xabier López López, amigo dende fai tempo ( e aquí xa podedes facer as cábalas que consideredes oportunas, pero non vou renunciar por culpa da miña amizade ao encantamento dunha boa literatura ) alzouse co premio xerais 2013 con esta novela densa e comprometida. Cadeas son relatos, algúns deles con varios capítulos, nos que o autor logra concentrar esas grandes doses de fina ironía conxugada con algún final incerto, completamente aberto á imaxinación, pero sobre todo establecen ese combinado perfecto entre as detalladas descricións dos feitos e da historia coa voluble, sinxela e diversa temática, algo que por veces sorprende.

En cadeas atoparemos relatos crus, cun perfil totalmente aberto á realidade onde a descrición  ven sendo ese cable con dimensión suficiente para  subministrar de enerxía e acollernos no seu seo sen soltarnos até o final. Relatos onde a guerra espalla ese aire de grandeza e miseria, segundo dende que tarima se observe, pero que nos leva e nos acerca a decisións, a trámites exentos dunha realidade tópica, da que nos dispoñeríamos na nosa vida máis normal. E aí, neses aires de fraqueza, de deriva mental é onde se recrea con delicado ( na maioría das veces fascinante ) trazo, como os pintores que pintan sobre a pintura, sobre os seus propios cimentos, aquí é onde estratifica a verdadeira humanidade, onde se mostran as miserias e reluce ese ser que levamos oculto entre os días que pasan. A guerra, a contraposición á paz ( definida, a paz, como o espazo entre guerras ) tan presente, tan escura, tan inimitable e inimaxinable. Só aqueles que a viviron son quen de poder esquecela, os demais só nos conformaremos con imaxinala.

Mais non queda aí este libro, sería triste e inxusto, senón que hai porcións de viva sangue, e non derramada, senón desa que palpita nos versos da melancolía, naqueles momentos nos que ansiamos o non vivido. Hai un relato concreto que é unha fermosa xanela aberta ao verbo da vida, rescatando do profundo eses momentos que por veces nos fan sentir altamente especiais, unha historia de amor ocasional e como tal intimamente subxugada á derrota se non fose ese presente tan tanxible, esa escuma de aroma que nunca se vai marchar da memoria.

E de poder seguir non remataría até dar conta de cada un dos capítulos e cada un dos trazos marcados neste lenzo de xenerosidade, nomearía ese peculiar personaxe cun non menos peculiar traballo que acada ao principio dunha noite unha experiencia sorprendente ou, por ir ao principio, o folleto que nos vai deixando capítulo tras capítulo a relación dun escritor cunha lectora súa dando entrada inequivocamente a  ese sorte de fetiche que ten un cando se desprende do libro parido como quen desteta un animal e o aparta da súa nai.

Sería inxusto seguir porque quedarían na vaga memoria ciceladas de compromiso, ángulos que descubrir á vista, gárgolas radiantes de sol. É posible unha historia de historias? Eu coido que “cadeas” é un mar en movemento, un mar vivo que nos trae e nos leva, que nos envolve sutil e abruptamente ante as porcións de terra agardando o seu envite. Para min é unha única historia chea de fascinación e peculiaridade, chea de pulmón enérxico, un deserto onde brillan as máis fermosas flores.

Comentarios de nuestro experto y amigo Lino García Salgado, escritor y formador.

Cargue Artículos Más Relacionados
Cargue Más En Libros Recomendados

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Mira además

Libros: “Noite-Día”

Novedades Literarias,   Título: Noite~día Autor: Alfonso Láuzara Martínez Categoría: Poesí…